Logo do Concello de Vigo

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Servizos Cidadanía

Asociacións

En Vigo hai máis de medio milleiro de asociacións de todo tipo, moitas son propias da cidade e outras, delegacións de organizacións cidadás de ámbito galego ou estatal.

As asociacións musicais, culturais e deportivas son as máis numerosas. Outros colectivos moi organizados son os de nais e pais de alumnado, veciñanza e xuvenís.

Listaxe

Clasificación por obxecto social e fins estatutarios de todas as asociacións rexistradas no municipio.

lupa

Rexistro

O Rexistro Municipal de Asociacións, ten por obxectivo permitirlle ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilitar as relacións entre estas e o Concello e coñecer os seus fins e a súa representatividade, cara a posibilitar o fomento do asociacionismo e participación cidadá, baixo os criterios de obxectividade, imparcialidade e igualdade.

Documentación a presentar no Rexistro Xeral do Concello:

  • Formulario de inscrición cos datos da asociación.
  • Fotocopia compulsada dos estatutos da entidade.
  • Fotocopia compulsada de inscrición da asociación no Rexistro provincial, autonómico ou estatal correspondente.
  • Orzamento do presente ano (ingresos / gastos).
  • Programa de actividades para desenvolver na cidade de Vigo no presente ano.
  • Certificado do/a presidente/a ou tesoureiro/a da entidade, dos ingresos por cota de asociado e do número de asociados.
  • Fotocopia do número de célula de identificación fiscal (CIF) da entidade.
  • Certificado bancario do número de conta da asociación.

Actualización dos datos e documentación rexistral:

TODA VEZ CADA ANO

As asociacións inscritas están obrigadas a actualizar os seus datos do rexistro, notificando cantas modificacións se produzan; a excepción dos datos relativos á variación do número de socios, o cal deberá notificarse no prazo dun mes.

NO ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO

As asociacións presentarán unha memoria onde constará como mínimo a relación de actividades realizadas e o balance económico do exercicio e da súa aplicación, así como o programa de actividades e orzamento para o seguinte ano.

A Concellaría de Participación Cidadá coordina e xestiona os ámbitos do asociacionismo, intervención e resposta social dos vigueses e viguesas.

asociacions.vigo.org

Este portal é utilizado polas propias asociacións, participando nel con noticias, foros, información sobre actividades, etc. Ademais proporciónase información sobre o rexistro de asociacións, infórmase sobre as distintas subvencións municipais para proxectos e iniciativas, facilitando as vías de interacción entre os vigueses e viguesas coa administración local.