Logo do Concello de Vigo

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Servizos Cidadanía

Banco do Tempo

O Banco do Tempo é unha iniciativa onde se intercambian bens, coñecementos e servizos. A forma de pago é a hora, que se contabiliza mediante cheques de tempo.

Non se trata dun intercambio directo entre dúas persoas, senón entre unha rede comunitaria na que cada un ofrece e demanda o que lle interesa. Unha persoa deposita unhas horas de tempo, ofrecendo un servizo, coñecemento ou ben, e a cambio pode pedir tempo doutras persoas para solventar algunhas necesidades do día a día.

Ao Banco do Tempo pode acudir calquera persoa sen exclusión e sen vergoña. A partir dos 18 anos pódese apuntar calquera persoa.

Todas as persoas interesadas deberán dirixirse ao seu Centro Municipal máis próximo para darse de alta. Alí recibirán toda a información que precisen e poderán inscribirse, facilitando os datos necesarios para darse de alta e indicando o servizo que ofertan ou demandan.

Así mesmo, poderán ver as ofertas xa existentes e os posibles obradoiros que se poidan realizar a través do servizo do Banco do Tempo. As actividades dependen directamente das capacidades e habilidades propias das persoas usuarias. Van desde o ensino de diferentes materias (inglés, informática, matemáticas, química,...) ata pintar un valado, facer compañía, ou intercambiar bens ou actividades demandadas.

Se xa es membro, conéctate á aplicación co teu usuario e contrasinal, se aínda non o es, anímate e infórmate no teu Centro Municipal máis próximo. Seguro que tes moito que aportar!