Logo do Concello de Vigo

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Servizos Cidadanía

Centros Municipais de Distrito

Os Centros Municipais, son lugares nos que se atopan situadas as Oficinas Municipais de Distrito (OMD) as cales constitúen a conexión entre os departamentos do Concello e os colectivos sociais, as entidades persoais e as administracións públicas, un indiscutible dispositivo de acción, de relación directa coa cidadanía.

Os centros municipais organizan e dinamizan as actividades realizadas nos mesmos.

Todos eles dispoñen dun servizo de lectura e aulas municipais de internet, aos que se pode acceder solicitando un carné que, ademais de ser gratuíto, non necesita renovación, é válido para todos os Centros Municipais e permite o acceso libre a internet.

Contan ademais con espazos comúns, cuxo uso se pode solicitar no propio centro, ou a través da Oficina Virtual (accedendo á carpeta cidadá), salas de reunións para colectivos e asociacións, espazos dedicados á lectura, ao estudo, á formación e outras instalacións nas que os veciños e veciñas poden reunirse, realizar actividades formativas, culturais e lúdicas. Ver normativa do uso da aula de internet.

Solicitude de Espazos e Equipamento nos Centros Municipais, deberá cubrir e entregar a solicitude (pulse aquí para descargar o formulario) na Oficina de Participación Cidadá ou directamente no Centro Municipal.

Ver Informes de enquisa de satisfacción das oficinas municipais de distrito na pestana de publicacións.

Intervencións máis comúns