Logo do Concello de Vigo

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Servizos Cidadanía

Canle cidadá

No marco das relacións entre a administración municipal e a cidadanía se asume a tendencia a descentralizar e modernizar a Administración, facéndoa máis próxima, comprensible e accesible, mellorando o acceso a todo tipo de información e a comunicación entre a cidadanía e todos os servizos da Administración Municipal. Ofrécese á cidadanía a posibilidade de resolver as súas dúbidas e de obter información actualizada e precisa, evitando desprazamentos innecesarios ata as dependencias municipais, mediante a utilización de diferentes canles de comunicación. É función deste servizo a xestión de solicitudes, queixas e suxestións dos cidadáns e cidadás aos distintos órganos e servizos municipais.

Teléfono 010

Información

Obxectivo

O 010 é o número do Servizo de información telefónica, cuxa finalidade é dar resposta a cuestións de calquera tipo: desde os servizos municipais que presta o Concello, ata consultas relativas á cidade.

O obxectivo primordial do servizo de atención telefónica é proporcionar información de xeito rápido, fiable e integral, sempre ao alcance de todos.

Cunha chamada, a un sinxelo número, de tarifa local, tanto os cidadáns e cidadás como calquera turista ou visitante, dispón ao instante de información fiable e actualizada, de carácter xeral e tamén administrativa.

É unha referencia para a cidadanía viguesa, e para todas as persoas que visitan a cidade.

Máis canles de comunicación

  • 010@vigo.org: A través deste correo electrónico os cidadáns e cidadás poden realizar consultas, resolver dúbidas e solicitar información de todo tipo, recibindo comodamente a resposta no seu correo persoal.
  • 010: para chamadas realizadas desde a cidade de Vigo.
  • 986 810 260: para chamadas desde a cidade de Vigo e desde fóra do municipio de Vigo.
  • Luns a venres de 8 a 20 horas e sábados de 10 a 14 horas.

Queixas e suxestións

Procedemento

Presencialmente

Pode presentar as queixas e suxestións no Rexistro Xeral ou na oficina de participación cidadá. Cubrindo o formulario que lle faciliten nas citadas dependencias.

Pode consultar o estado de tramitación dos seus expedientes e documentos presentados no Rexistro Xeral, o Rexistro de Urbanismo ou no Rexistro de Queixas e suxestións aportando os datos de DNI/CIF, data de rexistro e número de rexistro do documento.

Consulta do estado da súa solicitude presencial.

Internet

Presentar: As queixas e suxestións deberán conter como mínimo o nome e apelidos, o enderezo, o Documento Nacional de Identidade ou o seu equivalente e a exposición do seu obxecto. Debe encher este formulario. Cando remate se lle dará un código de seguimento co que poderá consultar o estado da tramitación da súa solicitude.

No caso de que a persoa interesada non queira aportar a súa identificación pódense mandar avisos para a mellora dos servizos municipais pero non poderá recibir información de resposta nin seguir o estado da súa tramitación.

Para o envío de avisos para a mellora dos servizos municipais cubrir este formulario, concretando a situación con rúa e número se é posible.

Consultar: Vostede pode consultar o estado en que se atopa a tramitación das Queixas e Suxestións realizadas dende Internet cubrindo o seguinte formulario. Para poder consultar o estado da súa tramitación introduza no formulario o código de control que obtivo da solicitude.

Solicitude de avisos

Información

Obxectivo

Servizo gratuíto de avisos a móbiles e direccións electrónicas para particulares e empresas, permite recibir puntualmente información sobre: prazos de cobro do imposto de vehículos de tracción mecánica, taxa de recollida do lixo, imposto sobre bens inmobles, imposto sobre actividades económicas así como das convocatorias de oferta de emprego público do Concello. Solicitude de avisos por SMS e/ou Correo electrónico pinchando aquí.

App Vigo

Información

Obxectivo

A través da app Vigo pódese obter información de máis de 5.000 elementos cidade (centros e instalacións, elementos turísticos, servizos de tráfico e transporte, recursos cidade, rueiro, ...) e acceso a datos en tempo real (como o estado do tráfico, as cámaras, próximas chegadas de autobuses ou a temperatura en distintos puntos da cidade), así como acceso a información actualizada diariamente como as noticias, avisos, axenda, convocatorias,...

Pantalla da App de Vigo

A app "Vigo" crea unha canle directa e bidireccional coa cidadanía. Permite ao usuario subscribirse a notificacións para recibir avisos diarios no móbil sobre as últimas noticias municipais, cortes de tráfico, eventos culturais, avisos xerais e de transporte, ofertas de emprego e subvencións.

A app "Vigo" tamén permite facer que a cidadanía participe de forma directa no avance da cidade facilitando mandar avisos sobre o estado dos servizos municipais, a cidade ou expor ideas de mellora.

A app estrutura a información en módulos ou "miniapps" e funciona coma se fose un novo sistema operativo cidade-cidadanía.

A través da APP Vigo “Mellora a túa cidade” participando de forma activa co aviso de incidencias ou suxestións de novas ideas e/ou melloras. Enlace á App aquí.