Logo do Concello de Vigo

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Servizos Cidadanía

Iniciativa Cidadá

A cidadanía pode participar nas funcións e xestións do Concello a través dos medios que se poñen á súa disposición para tal efecto, de forma que, dun xeito sinxelo, poidan dar a súa opinión e ser partícipes en determinadas actuacións de diferente índole.

Elaboración de Ordenanzas Fiscais

  • As ordenanzas fiscais son a forma na que o concello regula os seus tributos e nelas se recollen os motivos polos que se gravan, as persoas obrigadas ao seu pago, os que están exentos e calquera outro aspecto relativo á súa imposición.
  • Os veciños e as veciñas poden participar na súa elaboración e presentar reclamacións e apreciacións cando se expoñen de forma pública.
  • O prazo para presentar alegacións será o dun mínimo de 30 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio de exposición no boletín oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO).
  • Todas as achegas cidadás son estudadas e resoltas, aprobando o texto da ordenanza definitivamente, derogándoo ou incorporando as modificacións suxeridas. De non haber reclamacións ao texto aprobado provisionalmente, entenderase aprobado de forma definitiva sen necesidade dunha nova votación.
  • O concello de Vigo edita no primeiro cuadrimestre do ano un volume con todas as súas ordenanzas fiscais que está a disposición da cidadanía. Tamén se poden consultar neste apartado: Ordenanzas Fiscais.

Elaboración de Orzamentos e Disposicións Regulamentarias

  • As disposicións regulamentarias son os textos legais que o concello redacta e cos que intervén na actividade da cidadanía. Maniféstanse baixo dúas formas: o regulamento e a ordenanza. Poden tratar dunha ampla diversidade de temas dentro das competencias municipais, por exemplo, a convivencia cidadá, o medio ambiente ou o urbanismo.
  • Con carácter previo á elaboración da norma, faise unha consulta pública a través de internet.
  • Pode prescindirse deste trámite cando as disposicións regulamentarias sexan de carácter orzamentario ou organizativo, cando non se impoñan obrigas relevantes aos destinatarios, cando regulen aspectos parciais da materia ou cando graves razóns de interese público así o xustifiquen.
  • O prazo para presentar será dun mínimo de 30 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio de exposición no boletín oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO).
  • O regulamento ou ordenanza definitivamente aprobado será publicado no boletín oficial da provincia de Pontevedra na súa totalidade e non entrará en vigor ata que transcorran 15 días hábiles a partir do día seguinte da data de publicación.

Elaboración de Instrumentos Urbanísticos

  • Os cidadáns poden participar na toma de decisión do uso do solo cando se están a elaborar estes instrumentos, nos períodos de exposición pública e audiencia. Para elo, gozan do dereito á información pública no concello así como a posibilidade de acceder e coñecer en todo momento, mediante procedementos telemáticos, tanto os instrumentos xa aprobados como os que se atopan en trámite: O plan xeral de ordenación municipal (PXOM), Plans parciais e plans especiais, Estudos de detalle, Avaliacións do impacto ambiental. Consulta de plans e avaliacións medioambientais: Ver mais

Elaboración de Orzamentos

  • Os veciños poden participar na forma na que o concello elabora o seu orzamento e presentar as reclamacións ao mesmo no período de exposición pública, que se abre unha vez o orzamento sexa aprobado inicialmente polo Pleno.
  • O prazo para presentar alegacións será de 15 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio de exposición no boletín oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO). Durante este tempo, calquera interesado poderá examinar os orzamentos provisionais e presentar reclamacións.
  • O Pleno resolverá tódalas alegacións presentadas no mes seguinte ao fin do prazo para presentala.
  • O orzamento definitivo tamén pode ser consultado durante o ano da súa execución na sección Información Económica, así como os orzamentos de exercicios anteriores.

Outras consultas cidadáns

  • Para o concello é importante que os veciños sintan a cidade como súa e que as súas opinións teñen importancia na xestión municipal. A forma máis sinxela de conseguilo é pulsando o sentir popular mediante a exposición iniciativas municipais dando opcións de decisións mediante enquisas, propostas libres, etc.
  • No concello celébranse periodicamente estes procesos, normalmente a través do portal web, pero tamén se aceptan outros medios que a veciñanza desexe empregar, como correo electrónico ou instancia ante o Rexistro Xeral.
  • As campañas teñen carácter puntual e atenden a unha grande diversidade de disciplinas como promoción económica ou turística, mobiliario urbano, ordenación urbanística, grandes obras da cidade ...

Vías de Participación

Para o rexistro de solicitudes e documentos a cidadanía ten diferentes canles de participación:

Presencialmente

  • Entregando o impreso de solicitude xeral na oficina de Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
  • No caso Rexistro de solicitudes e documentos do Rexistro Oficial da Xerencia de Urbanismo, entregando o seguinte impreso.
  • Oficina de Rexistro Xeral:

    Concello de Vigo Praza do Rei 1, 36202

    • De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

Internet

Para poder rexistrar documentos tanto no Rexistro Xeral como no Rexistro da Xerencia de Urbanismo a través de Internet coa mesma validez que presencialmente hai que estar rexistrado previamente na Carpeta do Cidadán.

  • Na Carpeta do Cidadán na sección de Expedientes e Documentos atopará o formulario de rexistro en liña onde poderá adxuntar documentos de texto, imaxe ou planos xunto coa solicitude.
  • No caso de querer achegar documentación asinada, debe ter en conta que, para a presentación telemática, só terá validez a documentación asinada electrónicamente e non a documentación escaneada asinada a man.

Órganos representativos

O concello participa e colabora coa veciñanza e cos movementos populares e sociais e fomenta a súa participación na xestión e dinámica da cidade a través dos diferentes órganos representativos da cidade, baixo as diferentes formas organizativas posibles

  • Consorcios
  • Fundacións
  • Padroados
  • Consellos
  • Ver mais

Consellos municipais

En áreas temáticas mais específicas, faixe necesario dotar á veciñanza de órganos concretos nos que poidan intervir e participar, directamente ou a través de representantes.

O concello considera algunhas destas áreas como vitais e por iso promove a colaboración e integración popular nos órganos colexiados formados a tal propósito.

Consultas

Solicitude de acceso á información pública

  • Procedemento a través do cal o cidadán pode exercer o dereito de acceso que garante a posibilidade de levar a cabo consultas sobre datos e información pública en poder do Concello de Vigo. O dereito de acceso poderá ser limitado nos supostos que contempla a Lei 19/2013 nos seus artigos 14 e 15. Entre outros: Seguridade Nacional, Defensa, Política económica e monetaria, para a protección de datos de carácter persoal, etc.
  • O solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información. Con todo, poderá expoñer os motivos polos que solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dicte a resolución. No entanto, a ausencia de motivación non será por si soa causa de rexeitamento da solicitude.
    • Solicitude de a información a través de Internet, na carpeta do cidadán.
    • Solicitude da información presencialmente: Cubrindo o impreso de solicitude e presentando o mesmo no Rexistro Xeneral do Concello de Vigo.
    • Oficina de Rexistro Xeral:

      Concello de Vigo, Praza do Rei 1, 36202

      • De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas