Logo do Concello de Vigo

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Servizos Cidadanía

Rexistro Municipal Parellas de Feito

Parellas de feito

Unha parella de feito é a unión de dúas persoas, con independencia da súa opción sexual, a fin de convivir de forma estable, nunha relación de afectividade análoga á conxugal.

Mediante este trámite farase a inscrición no rexistro municipal de parellas de feito.

Documentación

Parella de Feito

Aínda que non se esixe o volante de empadroamento, é requisito imprescindible que a parella estea empadroada no Concello de Vigo no mesmo domicilio, este feito será comprobado polo persoal do Concello.

  • DNI De ambos interesados. No caso de estranxeiros NIE ou Pasaporte.
  • A parella deberá estar empadroada no mesmo domicilio no Concello de Vigo.

Cese

Para o cese da convivencia non matrimonial a persoa interesada deberá entregar a solicitude en impreso regulamentado xunto coa documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.