Voluntariado

Voluntariado(OMV)

ADHESIÓN DE ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA

Mediante a adhesión a este programa as entidades privadas poderán beneficiarse de persoal voluntario, inscrito na Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) do Concello de Vigo, para o desenvolvemento de actividades de interese xeral (servizos sociais, saúde, protección civil, medio ambiente, educación, cultura, lecer e tempo libre, consumo, defensa dos dereitos, mocidade, cooperación internacional, defensa e fomento da economía e calquera outra que responda á natureza e fins da actuación do voluntariado).

Poderán participar nesta iniciativa aquelas entidades privadas estables sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e dotadas de personalidade xurídica que desenvolvan programas ou proxectos de voluntariado no marco das áreas de interese xeral.

Requisitos:

  1. As Entidades que desexen participar nesta iniciativa deberán estar dadas de alta no Rexistro de Asociacións de Participación Cidadá, e deberán aportar copia compulsada dos estatutos.
  2. Cumprimentarán o impreso que se lles achega para obtención de datos, fins e obxectivos e características da actividade susceptible da colaboración das persoas voluntarias da OMV.
  3. Proporcionarán ás persoas voluntarias a formación específica e a orientación necesaria para o desenvolvemento das súas actividades.
  4. Facilitarán a supervisión e seguimento do persoal da OMV sempre que lles sexa requirido.
  5. Deberán entregar no prazo de 15 días posteriores ao remate da colaboración ou a petición do persoal da OMV, sempre que se precise, un informe avaliativo.
Impreso de solicitude para a adhesión de entidades ao programa de voluntariado.

Cumprimentar o impreso de solicitude e presentar xunto coa documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.