Logo do Concello de Vigo

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Servizos Cidadanía

Participación Cidadá

A Concellaría de Participación Cidadá, asume a tendencia a descentralizar e modernizar no posible a administración, facéndoa máis próxima, comprensible e accesible, mellorando a atención e o acceso á información de toda a cidadanía, así como ao resto da administración municipal.

Atribucións

  • Dirixir e impulsar a política municipal referida ao Asociacionismo e a Participación Cidadá.
  • Tramitar, xestionar e resolver as solicitudes de inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións.
  • Presidir o Consello Sectorial de Participación Cidadá.
  • Dirixir e organizar os distintos servizos de información a nivel presencial ou telefónico a través do teléfono 010 e do control telefónico e de Internet por medio da páxina web.
  • Centralizar, supervisar, distribuír e realizar un seguimento das queixas e suxestións xeradas.
  • Promover a formación cidadá en novas tecnoloxías e o uso de internet, así como das actividades socioculturais e formativas nos Centros Municipais de Distrito, procurando a colaboración das asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
  • Administración do Rexistro Municipal de parellas de feito, segundo o seu regulamento.
  • Aprobar asconvocatorias e concesións de axudas e subvencións para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.