Voluntariado

voluntariado(OMV)

ACTIVIDADES DE VOLUNTARIADO

A través da OMV toda aquela persoa interesada en ser voluntaria poderá participar en diversas actuacións:

Acompañamento a cidadáns

Acompañamento a persoas maiores, menores ou con discapacidade

O voluntario ou voluntaria cubre as necesidades de acompañamento tanto en situacións puntuais como permanentes das persoas maiores que polas súas circunstancias o precisen.

Entre as funcións a desempeñar polo voluntario ou voluntaria destacan:

  • Acompañamento ao médico
  • Xestións administrativas puntuais (Xunta, Concello, Seguridade Social,…)
  • Procura puntual de receitas médicas
  • Acompañamentos para favorecer a movilidade daquelas persoas impedidas físicamente
  • Apoios puntuais para desenvolver as actividades da vida diaria (facer a compra, subir escadas,…)
  • Outros

O programa pon en marcha un servizo no que se trata de previr situacións de exclusión entre un colectivo tan vulnerable como son os menores. Ofrécese un programa de apoio no que o voluntario ou voluntaria sexa un referente para a correcta inserción persoal, escolar e social do menor.

A persoa voluntaria desenvolverá as seguintes tarefas:

  • Acompañamento do menor no seu domicilio
  • Apoio escolar
  • Reforzo
  • Outros

As persoas voluntarias dirixen as súas actuacións a paliar as demandas feitas por aquelas persoas afectadas por algunha discapacidade (física, psíquica ou sensorial) en cuestión de:

  • Acompañamentos puntuais
  • Apoios puntuais para realizar aquelas actividades da vida diaria nos que o soliciten (subir escadas,acompañamento ao médico,…)
  • Apoios no seu proceso de rehabilitación (apoios piscina, acompañamentos a terapias,…)
  • Outros
Voluntariado Mediambiental

Voluntariado Medioambiental

Programa de participación cidadá promovido pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado e dirixido a apoiar a xestión de necesidades medioambientais competencia do Concello de Vigo, entre elas:

  • Vixianza medioambiental potenciando a importancia ecolóxica de Vigo a través de Inspeccións ambientais: análise de augas, detección de impactos ambientais, mostreo de vexetación marismeña, estudo de vexetación das zonas dunares das praias
  • Obradoiros polo litoral: limpezas, plantación...
  • Obradoiros de Natureza no litoral
  • Campañas medioambientais e de saúde
  • Sensibilización e concienciación da recuperación de ecosistemas
  • Recuperación do Centro de Interpretación da Xunqueira do Lagares
  • Conservación das masas forestais de interese ecolóxico da Bisbarra Viguesa, a través da protección de árbores autóctonos, plantación de árbores autóctonos, mantemento camiños forestais
  • Vixianza medioambiental no rio Lagares: limpeza de residuos, plantación árbores, fomento biodiversidade de flora e fauna fluvial ou eliminación de impactos
  • Rutas formativas
  • Xuntanzas de avaliación

Para facer voluntariado neste ámbito de actuación dirixirse á:

Oficina de Medio Ambiente

  • Enderezo: Praza do Rei, s/n, 2º andar. 36201 Vigo - Pontevedra
  • Teléfono: 986 810 210 / 986 810 204
  • Email: ofi.mambiente@vigo.org
  • Horario: De 9 a 13:30 horas
Camino a Camino Vigo
Calendario de eventos

Eventos puntuais na cidade

A participación en eventos puntuais da nosa cidade ten como obxectivo potenciar a participación cidadá a través do voluntariado para cubrir determinados eventos que se realicen na cidade, como eventos deportivos, cabalgatas, concertos, etc, e onde a colaboración das persoas voluntarias é imprescindible para a súa organización.

As principais actuacións das persoas voluntarias neste eido son:

  • Reforzo nos cortes de tráfico
  • Asistencia aos participantes
  • Avituallamento
  • Outras
Entidades asociadas con Acción Voluntaria

Entidades de Acción Voluntaria (EAV)

Composta por todas aquelas Asociacións dadas de alta na Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) e no Rexistro Municipal de Entidades de Ámbito Municipal.

Unha vez adheridas á OMV presentan a súa demanda de voluntariado e a OMV filtra as persoas voluntarias para posteriormente facer a derivación ás Entidades de Acción Voluntaria (EAV).

É importante levar un seguimento tanto das necesidades das persoas voluntarias no desenvolvemento da súa actividade, como das Entidades que participan nesta iniciativa.

A OMV encargarase de facer a derivación da persoa voluntaria ás distintas Entidades, sen perder o contacto co mesmo mediante un seguimento continuo.