Voluntariado

Voluntariado(OMV)

VOLUNTARIOS/AS

Enténdese como persoa voluntaria a persoa física que, en virtude da súa decisión persoal, libre e altruísta, participe en calquera actividade de acción voluntaria.

Icono de más

Faite voluntario/a

Para darte de alta na oficina municipal de voluntariado é recomendable que nos visites para poder coñecerte persoalmente.

Informarémoste, asesorarémoste e orientarémoste a través dunha entrevista persoal acerca das accións voluntarias existentes e que máis se adapten e orienten ao teu perfil e dispoñibilidade, segundo as demandas existentes na oficina por parte das entidades.

Icono de más

Antigos/as voluntarios/as

Actualización de datos das persoas voluntarias na Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo

Con este formulario das consentimento para actualizar os teus datos na Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo:

Acceso ao Formulario

En calquera momento poderás dar cumprimento do teu dereito a modificar os datos na mesma oficina.

Grazas de antemán pola túa colaboración!